EDIFICIO, LOCALIZACIÓN E EQUIPAMENTOS

Edificio arquivo

O actual concello de Laxe é un edificio de dúas prantas e máis ático e está situado na avenida Cesáreo Pondal, nº 26. Neste edificio o arquivo municipal conta con dous depósitos:

1.- Un depósito está situado na pranta baixa, ten orredor de 15 metros cadrados e unha orientación nordés.

O equipamento componse únicamente dun compactus ó longo de toda a parede, cun total de 154 baldas de 80 cm. de lonxitude. Ten a ventaxa do aforro de espacio e a protección contra lus e o po ainda que ten o inconvinte da disminución da ventilación co conseguinte perigro de proliferación de mohos.

2.- Depósito situado no ático de orredor de 47 metros cadrados e cuberta a dúas augas. A altura do teito é desigual, na parte máis alta mide 2,55 metros e na baixa apenas chega ós 90 centímetros.

O equipamento componse dun compactus: Ocupa toda a parte central non tendo unha medida uniforme debido á diferencia de altura no teito. Na súa parte inferior mide 1,55 mts. e na parte máis alta 2,25 mts.. Ademais existen unhas estanterías metálicas: Rodean o compactus e están adosadas a parede. As súas características son: 16 estanterías de 65 cm. de altura e tres baldas cada unha, e unha estantería de 2 mts. de altura e 5 baldas. As baldas son lisas con 40 cm. de fondo e 1 mts. de ancho, as alturas entre unhas e outras oscila entre os 40 cm. e os 50 cm.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal