EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Do conxunto de servicios municipais, o Arquivo Municipal é o órgano especializado do Concello na xestión, o tratamento e a custodia da documentación. Dende esta responsabilidade, as funcións do Arquivo Municipal abarcan tanto o ámbito da xestión administrativa como a da actuación cultural e, para a súa consecución son elementos indispensables a protección, a custodia e o servicio do patrimonio documental. Por outra banda, o dereito que a lexislación outorga ós cidadáns respecto ó acceso á información, converten o Arquivo Municipal nun servicio público que ten que ser garantido polo Concello. É polo tanto, responsabilidade municipal tanto a axeitada custodia do seu patrimonio documental como facelo accesible ós usuarios e á mesma Administración.

Os arquivos das entidades locais, seguindo o principio de xerarquía normativa (art. 9.3 da CE de 1978), réxense pola seguinte lexislación: Constitución de 1978, Lei do Patrimonio Histórico Español 16/1985, Lei do Patrimonio Histórico-artístico de Galicia 8/1995, Decreto 307/1989 do 23 de novembro, polo que se regula o Sistema de Arquivos e o Patrimonio Documental de Galicia, LBRL 7/1985 do 2 de abril, RDL 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de disposicións vixentes en materia de Réxime Local, Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Nembargantes, todas estas disposicións non son o suficientemente específicas á hora de regular as funcións dos arquivos locais.

Por outra banda, a Administración Local é unha entidade que posúe autonomía propia para o desenvolvemento das súas competencias, en virtude do artigo 137 da CE DE 1978 e dos artigos 2.1, 7.2, 25.1 e, 31.1 da Lei de Bases de Réxime Local 7/1985, do 2 de abril, e ten capacidade de dictar regulamentos segundo os artigos 137, 140 e 141 da CE de 1978, art. 4.1 a) da LBRL e 143 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (RD 2568/1986, do 28 de novembro).

Precísase un Arquivo que dea servicios á propia Administración local, as outras administracións públicas e ós cidadáns -sexan ou non investigadores-, que xestione, en colaboración co resto dos servicios, a documentación que xera o Concello e que garanta a custodia e reparación da mesma, ademais da difusión da información que conteña.

Este Regulamento, que se estructura en cinco capítulos. No primeiro defínese o concepto de Arquivo e as súas funcións, así como o persoal necesarios para realizalas. O segundo regula o ingreso da documentación no Arquivo, segundo a súa procedencia. No terceiro danse unha serie de directrices sobre a organización de servicio. No cuarto especifícanse as condicións mínimas de instalación e reproducción dos documentos para garantir a súa conservación. E no quinto establécense, conforme á lexislación vixente, as normas que regulan o acceso dos usuarios o Arquivo.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal