CAPÍTULO IV. Da conservación e reproducción de documentos

Artigo 10º.-Instalacións.

O Arquivo Municipal instalarase en locais que reúnan as debidas condicións técnicas que garantan a preservación e seguridade dos fondos fronte a factores degradantes, sexan estes naturais (derivados da propia situación e instalación do edificio, lonxe de fontes de comunicación, ben orientados para evitar danos que deriven dunha inadecuada insolación, temperatura, humidade, etc...) ou accidentes (risco de catástrofe por incendio, asolagamento, etc...) E nos que se diferencie claramente a zona de depósito das zonas de traballo e consulta.

Se por razóns de espacio, economía ou política municipal o Arquivo Municipal non puidera estar radicado nun só local ou edificio, a sección administrativa nunca poderá estar fóra da Casa do Concello.

Artigo 11º.-Reproducción e conservación


Procurarase a reproducción a través e microformas, disco óptico ou calquera outro sistema, daqueles documentos que por calquera circunstancia non sexa recomendable a súa utilización e para garanti-la súa conservación.

A edición ou difusión por calquera medio de reproducción de documentos integrados no Arquivo Municipal deberá contar coa debida autorización do Concello e indicar, de forma expresa, a procedencia e localización de ditos fondos.

Igualmente, e a proposta do arquiveiro, tomaranse as medidas oportunas para restaurar aqueles documentos deteriorados.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal