- O Arquivo Municipal estará aberto ó público e á consulta interna durante o horario de traballo do persoal das dependencias municipais. Non se servirán fondos documentais media hora antes do peche do Arquivo.
- Fóra do horario normal non se poderá acceder ó Arquivo nin utilizar os seus servicios. En caso de necesidade o acceso deberá autorizarse previamente e por escrito polo alcalde, tras petición razoada no que se expliquen as causas de demanda.
- Para acceder á documentación do Arquivo Municipal cómpre a presentación dalgún documento oficial que identifique.
-As consultas realizaranse en locais habilitados para este fin. Os documentos serviranse por rigorosa orde de pedido.
- A consulta de documentación farase cumprimentando previamente unha folla de pedido. As papeletas de pedido deberán cubrirse con tódolos datos nelas solicitados.
- As peticións serviranse sucesivamente, non podendo consultar máis dunha unidade de instalación á vez.
- O número de peticións dun usuario, nun mesmo día, poderá ser limitado polo Concello cando se estime que impiden o desenvolvemento do traballo do Arquivo Municipal -artigo 62 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español; artigo 37.7 da Lei 30/1992, de 26 do novembro, de RXAP e PAC.-
-Segundo a Lei de Patrimonio Histórico Español, hai documentación suxeita ó acceso restrinxido ó atoparse incluída na Lei de segredos oficiais, riscos para a seguridade do Estado, indagación de delictos, tutela de dereitos inherentes ó honor ou intimidade das persoas. Por isto, para a súa consulta precísase a concesión dun permiso polo órgano propietario da documentación -Lei 16/1985, do 25 de xuño, de Patrimoio Histórico Español, artigo 57; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC.-
- Cando se usen os instrumentos de descrición deberá reintegrarse ó seu lugar, respectando a orde da súa radicación -Decreto do 22 de novembro de 1901, artigo 118-.
- Os depósitos son zonas de acceso ó persoal do Arquivo.
- Por motivos de seguridade, prohíbese o acceso á sala con bolsos, carteiras, carpetas, etc. Débense depositar á entrada.
- Prohíbese ós usuarios a saída da documentación da sala de consulta -Decreto do 22 de novembro de 1901, artigo 120-.
- Hai que respectar a orde da documentación nos cartafole e caixas, incluídos os atados que poida haber dentro deles, coidando de non danar a documentación -Decreto de 22 de novembro de 1901, artigo 114 e 115-.
- Para evitar danos irreparables ós documentos, queda prohibido o uso da pluma, bolígrafo, rotulador ou lapis neles, calcalos, anotalos ou escribir en papeis sobre eles -Decreto do 22 de novembro de 1901, artigos 114 e 115-.
-De acordo coa Lei de defensa da propiedade intelectual, queda prohibida a reproducción total ou parcial dos instrumentos de descrición mediante procedementos mecánicos -Lei 22/1977, do 22 de novembro-.
- Os usuarios poden solicitar a reproducción dos documentos, sendo potestade do Concello a denegación razoada.
- Prohíbese a reproducción das copias subministradas polo Arquivo sen a autorización do Concello.
- O incumprimento destas normas poderá ter como consecuencia a denegación do acceso á consulta da documentación.
- O Arquivo Municipal, como calquera servicio público, está suxeito a unha normativa. O usuario, cando considere que os seus dereitos foron lesionados, poderá presentar unha reclamación ante o alcalde ou, no seu defecto, ante o órgano competente.