Consultas e contacto

A Oficina de Información ó Consumidor está adscrita á Oficina de Información Xuvenil e Turismo, que se encarga de tramitar todas as reclamacións de consumo presentadas no concello de Laxe e remitilas ó servizo de consumo da FEGAMP, que é a institución que se encarga de xestionalas. Se desexades que vos tramiten calquera queixa sobre Consumo poñédevos en contacto coa oficina no seguinte enderezo:

Enderezo:
Concello de Laxe
Á atención de Oficina de Consumo
Avda. Cesáreo Pondal, 19
15117 Laxe (A Coruña)

Teléfono: 981 706 903 (ext. 2202) ou 981 706 965
Fax: 981 706 964
E-Mail: joaquin.vidal@laxe.es
Contacto Electrónico: consumo@laxe.es


Portal cidadán de Laxe © by Abertal