Servizo de Teleasistencia Móbil para Víctimas de Violencia de Xénero

No mes de novembro de 2005, foille notificada ó Concello de Laxe a súa adhesión ó SERVICIO DE TELEASISTENCIA MOVIL PARA VICTIMAS DE VIOLENCIA DE XENERO do convenio IMSERSO-FEMP e que se desenvolve a través da Cruz Roja Española.

O servicio de teleasistencia móvil para víctimas de violencia de xénero, é unha modalidade de servicio que, coa tecnoloxía axeitada (telefonía móvil e telelocalización, e tan só apretando un botón na modalidade de mans libres), ofrece ás víctimas unha atención inmediata asegurando unha resposta rápida ás eventualidades que poden sobrevir ás 24 horas do día e os 365 días do ano.

OBXETIVOS DO SERVIZO:


. Garantir unha atención inmediata e axeitada ante situacións de emerxencia, a través de persoas especializadas, proporcionando seguridade á usuaria e movilizando os recursos oportunos en función do tipo de emerxencia que se producise.
. Proporcionar seguridade e tranquilidade ás usuarias do servicio e os familiares que dependen directamente delas, ofrencéndolles apoio, información e asesoramento, e garantíndolles a comunicación interpersoal ante calquera necesidade as 24 horas do día.
. Potencia-la autoestima e a calidade de vida das usuarias do servicio, contribuindo a crear unha rede social de apoio no seu entorno habitual e animándoas a que manteñan, con plena seguridade, contacto co entorno familiar e social no agresor.
. Axudar a disminuir a sobrecarga que soporta unha usuaria destas características, proporcionándolle tranquilidade ó saber que hai un equipo humán e técnico capaz de apoiar e resolve-las incidencias que poidan sobrevir.

REQUISITOS DE ACCESO:

. Non convivir coa persoa ou persoas que as somenteron a maltrato
. Que conten con orde de protección


Portal cidadán de Laxe © by Abertal