Este programa pretende cumprir unha das funcións básicas dos servizos sociais que non é outra que a eliminación da pobreza, así como a integración social dos sectores de poboación mais desfavorecidos e a mellora das súas condicións de vida. Concédense axudas a nivel individual ou colectivo, de carácter extraordinario e pago único destinadas a paliar situacións urxentes e transitorias, imprevistas ou excepcionais, así como a prevención do agravamento das mesmas.