Programa para os Nosos Maiores

Participantes no programa os nosos maiores

A súa finalidade é proporcionar estratexias para lograr un maior benestar físico e psíquico acadando así unha mellor calidade de vida: que experimenten novas formas de ocio, que teñan unha mellor imaxe de sí mesmos, que se comuniquen cos seus veciños e compañeiros, que expresen os seus sentimentos e desenvolvan ó máximo as súas posibilidades tendo en conta as súas limitacións.
As actividades a destacar son:

Excursións: "Coñece Galicia"
Intentamos que os nosos maiores visiten e coñezan distintos lugares de Galicia.

Talleres
Aprender cousas novas e acadar un ambente familiar e social axeitado.

Taller de memoria
Mellorar e mante-las funcións cognitivas proporcionándolles a posibilidade dunha exercitación práctica a través de exercicios.

Aulas de Maiores
Constitúen un espacio aberto no que se adquiren, amplian e perfeccionan coñecementos, expresan inquedanzas, realizando diferentes actividades e talleres para activar a mente: lectura, escritura, cálculo, videos, saídas culturais,...
Un autobús encargase de recoller ás persoas de Traba, Matío, Soesto e Serantes, para acudir ó Concello.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal