Presentación

Nesta sociedade na que un dos maiores problemas que temos son as elevadas tasas de paro, tratamos de mellorar a formación e o acceso ó emprego de toda a poboación, articulando unha serie de medidas e actividades dirixidas a mellorar a calidade de vida dos cidadanos.

Faise preciso potenciar o papel das entidades locais como motoras de creación de emprego e apoiar decididamente a constitución de pequenas e medianas empresas, dado que a súa presencia favorece un tecido empresarial máis estable, a diversificación de actividades e, sobre todo, un crecemento económico sostido. As entidades locais deben actuar como impulsoras de creación de emprego a nivel local desde a perspectiva de que existen novos filóns de emprego non explotados susceptibles de xerar novos postos de traballo, sendo no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento en beneficio do emprego.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal