APOIO AS FAMILIAS CON SITUACIONS CARENCIAIS GRAVES CON MENORES A CARGO

Obxecto

Son axudas individuais, de carácter periódico, de prevención e apoio á familia e atención ao menor coa finalidade de proporcionar apoio económico e profesional ás familias para lles garantir a atención adecuada aos seus fillos e favorecer a permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlle ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores e capacidade de autoorganización do núcleo familiar.


Beneficiarios

Unidades familiares con fillos menores de idade que se atopen en circunstancias de risco social e precisen de apoios económicos para satisfacer as súas necesidades básicas e evitar a desestruturación familiar.

Enténdese por unidade familiar:
·A formada por pais e fillos menores de 18 anos.
·A formada por pais e fillos menores e 18 anos e maiores de 18 con grao de minusvalidez superior ou igual ao 33%.
·A conformada polos ascendentes ata 2º grao que, por vía xudicial, teñan outorgada a tutela ou garda e custodia e os menores respecto dos cales a exerzan.
No caso de unidades monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.


Requisitos

·Cumprir cos requisitos establecidos no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
·Residir e estar empadroado en Galicia polo menos con 6 meses de antelación á data de publicación da convocatoria.
·Que os menores teñan entre 3 e 18 anos cumpridos
·Que a unidade familiar non teña recibido a axuda á integración no últimos tres anos de xeito consecutivo.
·Que a renda per cápita anual da unidade familiar no ano en que se perciba a axuda non exceda dun terzo do IPREM correspondente en cómputo anual.
·Que a familia poida evolucionar cara a súa plena autonomía e integración social, sendo estas axudas un apoio temporal.
·Que a situación do núcleo familiar non permita a cobertura de todas as necesidades básicas do menor no relativo á alimentación, hixiene, vestiario, atención médica, escolarización regularizada e coidados de carácter integral.
·Que a unidade familiar teña aberto, polo menos con 6 meses de anticipación á data de publicación desta orde, un expediente polos servizos sociais de atención primaria ou especializados, por posible situación de risco ou con declaración de existencia da mesma do menor ou menores.
·Que a unidade familiar cumpra o plan de traballo que estableza o servizo de atención primaria ou especializado.
·No caso de que se lle concedese esta axuda o ano anterior, que a unidade familiar cumprise co plan de traballo que establecese o servizo de atención primaria ou especializado e mellorase a situación de risco.


Documentación

·Solicitude e anexos
·Fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia e traballo do/da solicitante e do resto dos membros da unidade familiar obrigados a obtelo.
·Fotocopia do libro de familia ou documentación análoga
·Certificación bancaria do número de conta do que sexa titular o/a solicitante.
·Certificado de vida laboral de todos os integrantes da unidade familiar en idade laboral.
·Xustificación de ingresos: fotocopia da última declaración da renda ou certificación negativa de Facenda, de non estaren obrigados a facela. Nóminas e certificación de prestación económica do Inem.
·Declaración xurada de ingresos.
·Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto, das distintas administracións públicas competentes.
·No caso de enfermidade crónica grave, informe médico emitido polo sistema público de saúde.
·De ser o caso, certificado de minusvalidez
·Compromisos escritos por parte do solicitante
·Certificado de empadroamento onde conste a convivencia da familia na mesma residencia.
·No caso de que se lle concedese esta axuda no ano anterior, informe anual onde conste que cumpriu os obxectivos do plan de traballo de intervención educativa na familia.
·Informe social dos servizos sociais do concello


Prazo

Segundo se sinale na correspondente Orde de convocatoria anual


Portal cidadán de Laxe © by Abertal