PAGO DOS 2500 € POR NACEMENTO OU ADOPCION DE FILLO

Obxecto

Establecer un pago de 2.500 euros por cada nacemento ou adopción que teña lugar en territorio español a partir do 1 de xullo de 2007 para as persoas que cumpran os requisitos.Nos casos de nacementos ou adopcións múltiples, cada fillo ou menor orixinará o dereito á percepción de 2.500 euros. A contía será de 3.500 euros por nacemento ou adopción no caso de familias numerosas ou asimiladas e familias monoparentais.


Acceso á axuda

Pódese acceder á axuda a través de dúas vías:

Como dedución fiscal -que se poderá cobrar anticipadamente- de 2.500 € anuais na cota do IRPF cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
oQue realice unha actividade por conta propia ou allea pola cal estea dado de alta na Seguridade Social ou mutualidade no momento do nacemento ou a adopción.
oQue obtivera durante o período impositivo anterior rendementos ou ganancias de patrimonio suxeitos a retención ou ingresos a conta, ou rendementos de actividades económicas polos que se efectuaran os correspondentes pagos fraccionados.

Como prestación non contributiva da Seguridade Social de 2.500 €
, no suposto de non cumprir os requisitos establecidos na letra a) anterior. Esta prestación poderá ser compatible con outras prestacións familiares da Seguridade Social pero é incompatible coa dedución fiscal.


Persoas beneficiarias

Con carácter xeral a beneficiaria será a nai. Únicamente será o pai no caso de falecemento da nai sen ter solicitado o abono dos 2.500 euros. Con todo, a nai poderá ceder ao pai o cobro.
Nos casos de adopción por unha sola persoa beneficiaria será esta con independencia do seu sexo.
Nos casos de adopción por parellas do mesmo sexo, a persoa beneficiaria será aquela que os membros da parella determinen de común acordo.


Requisitos

É imprescindible que a persoa beneficiaria, tanto española como estranxeira, teña residido de forma efectiva e continuada en territorio español os dous anos inmediatamente anteriores ao feito do nacemento ou adopción.


Solicitude

A solicitude da percepción de forma anticipada da dedución fiscal no IRPF ou da prestación non contributiva da Seguridade Social poderase efectuar a partir da inscrición do fillo/a no Rexistro Civil. Calquera variación deberase comunicar no prazo de 15 días desde que se produza.


Prazo

Aberto todo o ano


Portal cidadán de Laxe © by Abertal