Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de xubilación unha prestación económica, asistencia médico-farmaceutica gratuita e servizos sociais complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para a cadar o dereito a unha pensión contributiva.
. Ter 65 ou mais anos de idade
. Ter ingresos ou rendas propias inferiores á contía da pensión
. Residir legalmente no territorio español e habelo feito durante 10 anos entre a idade de 16 anos e a data dende a cal ten dereito a percibir a pensión, dos cales 2 ten que ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.
. Que os ingresos ou rendas da unidade de convivencia non superen o límite de acumulación de recursos computado da seguinte forma:
. Solicitante que vive con familiares unidos por matrimonio ou parentesco de segundo grado: o límite equivale á contía, en cómputo anual, da pensión mais o resultado de multiplicar o 70% da cifra anterior polo número de convivintes menos un.
. Solicitante que vive con familiares de primeiro grado: o límite equivale á contía calculada anteriormente multiplicada por 2,5.
. Solicitude
. Fotocopia do DNI
. Certificado dos diferentes padróns municipais de residencia, ou no seu defecto, informe do concello, especificando o tempo de residencia e o número de convivintes
. Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Aberto todo o ano