TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

Concepto

É un servizo de atención telefónica ininterrumpida cun equipamento de comunicacións e informática específicos.
Permite aos usuarios/as que ante calquera situación de emerxencia e con tan só premer un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada. A duración será de 24 horas/día os 365 días do ano.


Vias de acceso

. Libre concorrencia
. Sistema Galego de Atención á Dependencia como prestación do sistema


Requisitos

. Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello, polo menos durante 1 ano inmediatamente anterior á solicitude.
. Dispoñer de liña telefónica ou estar en trámites de obtela.
. Efectuar o pago do prezo estipulado para a recepción do servizo de alarma e control (5€/mes). Nos supostos en que a capacidade económica sexa inferior ao 75% do IPREM, o servizo será gratuito.


Documentación

. Solicitude
. Certificado de empadroamento
. Fotocopia do DNI
. Fotocopia da tarxeta sanitaria
. Informe social
. Informe médico


Prazo

Aberto todo o ano


Portal cidadán de Laxe © by Abertal