Dentro das actividades programadas para o Nadal, dende hai uns anos, estamos achegando tamén a música clásica ós nosos veciños e veciñas.
O programa marca o comezo das actividades para festexar o Nadal. Como sempre que organizamos este tipo de eventos, dende a Concellería, buscamos ofrecer unha alternativa cultural de calidade sen esquecer os intereses dos e das laxenses.
No nadal 2009 actuou o grupo Choros.
Todos o anos, os nenos e nenas dos centros educativos do concello participan neste certame, onde se elixe a postal que recibirán todos os veciños e veciñas coa felicitación das festas do Nadal.
Todos os e as participantes recibirán un agasallo pola participación no certame. Haberá, ademáis, un premio por categoría, no que se valorará a creatividade, imaxinación e o traballo artístico; e un Premio Especial do Xurado, que se otorgará en función da elaboración e traballo da técnica empregada pola aula.
Os gañadores edición 2009 foron:
- Categoría Infantil (3,4 e 5 anos): Celia Mira Vigo (5 anos).CPI Cabo da Area
- Categoría Primaria I: Marcos Sampedro Vázquez(6 anos). CEIP Torrexallóns
- Categoría Primaria II: Adrián Facal Montáns (10 anos) 5ºA, C.P.I. Cabo da Area.
- Categoría Secundaria: Damián Varela Lema (14 anos) 3ºE.S.O. A C.P.I. Cabo da Area.
- O Premio especial do xurado foi adxudicado a toda a aula, para valorar o traballo realizado polo alumnado, este ano foi a parar a Primeiro de Educaión Infantil do C.P.I. Cabo da Area.
- A Postal elexida para a felicitación de nadal do Alcalde foi a de Daniela Allo Fuentes, de ed. Infantil.
Este personaxe do Nadal achégase todos os anos aos centros educativos do Concello para desexarlles unhas boas vacacións aos máis pequenos das escolas.
As alumnas e alumnos recíbeno con moita ledicia e algúns nervios, entréganlle as súas cartas e ata lle adican cancións.
Esta actividade está aberta a todos os veciños e veciñas de Laxe de tódalas idades, o público obxectivo da Cabalgata dos Reis Magos son os nenos e nenas do Concello, ainda que as actividades programadas nesta xornada pretenden achegarse a tódalas idades e intereses dos e das laxenses.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS
-A Cabalgata Real, sae do centro social de Traba as 15 horas, e comeza o seu percorrido dende a parroquia de Mórdomo, continuando por cada unha das parroquias, para que os veciños e veciñas de todo o Concello poidan ver pasar á comitiva real.
-Mentres, as 16 horas, comeza no polideportivo municipal a Festa para todos os que prefiran esperar a ver aos Reis dende alí. Na festa hai actividades para todos os gustos: hinchables para os máis aventureiros, xogos para os e as deportistas, globoflexia para os artistas, e ata un stand para os que deixan para o último mometo escribirlle a carta aos Reis Magos.
-A chegada da comitiva real ao pavillón é sobre as 18 horas, entón os Reis, reciben a todos os veciños e veciñas, sen importar idade, e recollen os seus desexos, e reparten caramelos, e o máis importante, ilusión.