DÍA DA GAITA

Día da gaita

Este programa trátase dun día festivo de exaltación a este instrumento tradicional tan noso, co que pretendemos recuperar a musica galega tradicional, sendo unha actividade na que participan moita xente e non só do Concello xa que goza de certo pretixio na comarca.

Outro dos aspectos máis salientables é a demanda e organización deste evento da man da Asociación Cultural Maruxía. Con este o programa o Concello de Laxe potencia e dá, desta forma, unha resposta eficaz e de calidade ás inquedanzas e intereses dos movimentos asociativos do noso Concello.

Entidades organizadoras: Concello de Laxe e a Asociación Cultural Maruxía.

DESTINATARIOS

Nas actuacións na Praza de Ramón Juega, a media do número de asistentes estivo sobre 250-260 persoas, é un público familiar, que inclúe non só ós veciños senon os e as turistas que nos visitan no verán.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal