O magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Esta festa hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asar as castañas e seguidamente comelas e xogar, bailar, contar contos, cantar, etc.
Esta festa plantéxase no Concello de Laxe, dende unha perspectiva de ensalzamento da nosa cultura popular.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
·Reparto gratuito de castañas asadas, refrescos e viño (aos maiores de idade)
·Obradoiros de manualidades con temática relacionada co outono (utilización de elementos naturais, follas secas, castañas, etc)
·Xogos populares.
·Actuacións musicais, a cargo de charangas de música tradicional, bandas de gaitas, pandereteiras, e grupos de coros e danzas folklóricas.
·Actuacións teatrais, de temática tradicional
·Regueifas
DESTINATARIOS
Este tipo de Festas reunen na Praza dos Voluntarios, aun gran número de veciños a media do número de asistentes estivo sobre 250-350 persoas, é un público familiar, que inclúe non só ós veciños senon os e as turistas que nos visitanas fins de semana.