Organización Municipal
O goberno e a administración municipal de Laxe corresponde ao seu Concello o cal, para cumprimento dos seus fins e en representación do seu municipio, ten plena capacidade xurídica e goza da autonomía nos termos sinalados pola lei. Os órganos do noso Concello son os seguintes:
Alcalde-Presidente
Xunta de Goberno Local
Tenentes de Alcalde
Pleno
Alcalde-Presidente:
D. Francisco Charlín Oróns.
Xunta de Goberno Local:
D. Eulogio Constantino Castiñeira
Dna. Sandra Mouzo Pouse
Dna. Begoña Gegúndez Allo
Delegación na Xunta de Goberno Local das seguintes atribucións concretas que a lexislación vixente permite delegar:
a) As aprobacións dos instrumentos de plan de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
b) A celebración dos contratos privados, así como a adxudicación de concesións sobre os bens das mesmas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o orzamento basee de licitación, nos termos definidos no artigo 100.1, non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.
Tenentes de Alcalde
1º Tenente de Alcalde: D. Eulogio Constantino Castiñeira.
2º Tenente de Alcalde: Dª. Sandra Mouzo Pose.
3º Tenente de Alcalde: Dª. Begoña Gegúndez Allo.
Corresponde aos Tenentes de Alcalde substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas funcións, así como desempeñar as funcións de Alcalde no suposto de vacante na Alcaldía ata a toma de posesión do novo Alcalde.
Pleno do Concello
O pleno do Concello está integrado por 11 Concelleiros e é presidido polo Alcalde. A súa composición actual é a seguinte:
Alcalde-Presidente
D. José Luís Pérez Añón.
D. Francisco Charlín Oróns
Dª. Raquel Lema Allo
Dª. Sandra Mouzo Pose
D. Daniel Mata Martínez
D. Eulogio Constantino Castiñeira
Dª. Begoña Gegúndez Allo
D. Xosé Manuel Pose Lema
Dna. Cristina Vázquez del Prisco
Dna. Isabel María Toja Toja
D. Francisco José Vidal Castro
D. Fernando del Moral Regaldie
1.- CONCELLARÍA DELEGADA DE DEPORTE E PESCA:
Dª. Begoña Gegúndez Allo
2.- CONCELLARÍA DELEGADA DE COMERCIO, HOSTALERÍA, TURISMO E CULTURA:
Dª. Raquel Lema Allo
3.- CONCELLARÍA DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS, EMPREGO E IGUALDADE:
Dª. Sandra Mouzo Pose
4.- CONCELLARÍA DELEGADA DE XUVENTUDE, FESTAS E MEDIO AMBIENTE:
D. Daniel Mata Martínez
5.- CONCELLARÍA DELEGADA DE PERSOAL, OBRAS, SERVIZOS E PRAIAS:
D. Eulogio Constantino Castiñeira.
A presente delegación comprende as atribucións de dirección e xestión, pero non a de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.