Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe

BREVE HISTORIAL DA CORAL

A Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, nace baixo o amparo do Concello de Laxe, sendo a súa presentación oficial no Salón de Actos de dita localidade, o 29 de Agosto do 2001.

O número de compoñentes na actualidade é de 33 persoas agrupadas en 5 cordas: sopranos, tenores, contraltos, barítonos e baixos.

Ó longo da súa historia, ten actuado en diferentes puntos da xeografía galega, destacando: o Festival de Habaneras da Coruña, actuación na Base Naval de Ferrol e con motivo da catástrofe do Prestige, foi invitada a nosa Coral a un festival en A Capela, como representante da Costa da Morte. Fóra de Galicia ten actuado nas comunidades de Castilla-León, Asturias, Madrid, Extremadura e, en Portugal e Argentina.
Destaca no ano 2008, a participación no maior Festival de Música Coral Latinoamericana na cidade de Mendoza e tamén na cidade de Bos Aires, no Centro Galego e Centro A C B de dita cidade.

Dende os seus comezos, organiza dous certames de música coral anuais en Laxe: Certame da Canción Mariñeira en xullo e Festival de Panxoliñas en decembro. É membro da FECOGA (Federación Coral Galega) e está dentro da rede de actuacións da Deputación da Coruña. Entre o seu variado repertorio poderíase destacar: Música Galega, Habaneras, Canción Sudamericana, Música Clásica e de autores propios. Grazas á xestión do Concello de Laxe así coma á aportación da Deputación e Estudios Mans de A Coruña, gravou o seu primeiro CD titulado “Sons da Terra”.

A Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe estivo dirixida por Dona Mª Teresa López Rodríguez dende o ano 2001 ata o 2013, por Don Isidro Caamaño Trillo
ata o ano 2018, sendo na actualidade, dirixida por Tareixa Facal Amado.


PERCORRIDO DE ACTUACIÓNS

ANO 2001

O ano 2001 foi o ano dos seus inicios, pero ese feito non impediu a súa
estrea musical participando en varias actuacións, entre as que podemos
destacar:

- A homenaxe a Monseñor Romero Lema, no mes de Novembro en Baio (Zas).

- O Concerto de Nadal de Laxe.

- Asemade, tamén fomos invitadas polo Concello de Cabana de Bergantiños ao Festival de Panxoliñas dese mesmo ano.


ANO 2002

O máis salientable deste ano foron as saídas e os intercambios con corais de Galicia e doutros puntos de España, o que nos permitiu facer amizade con outras corais. Este intercambio de experiencias contribuíu a mellorar a nosa calidade como grupo musical, e tamén a darnos a coñecer noutros puntos da xeografía de Galicia e de España. A amizade que xurdiu con algunhas corais durante este ano aínda perdura a día de hoxe, pois estas aínda seguen participando nas actividades musicais que a nosa coral organiza en Laxe tódolos anos.

Tamén este foi o ano da organización do I Certame Coral da Canción Mariñeira, un certame que xa é un clásico na programación cultural do verán de Laxe, e que se leva realizando dende entón con unha gran aceptación entre os veciños do nosos concello e os turistas que nos visitan durante a época estival.

As actividades máis destacadas realizadas pola Coral "Atalaia" de Laxe durante este ano foron:

-Concerto do "Día das Letras Galegas" o 17 de Maio en Laxe.

-Participou como coorganizadora y como intérprete no I Certame Coral da Canción Mariñeira organizada dentro das actividades culturais do concello para ese verán; proxecto que se desenvolve tódolos anos no mes de xullo ao que asisten corais invitadas de toda Galicia.

- Realizou intercambios coas corais da comarca do Bierzo (Provincia de León) en novembro, coa coral de Viana (Asturias), coa de Negreira, y coa Coral Ecos de Chamorro (Ferrol).

- Asistiu como participante no Certame de Habaneras de A Coruña.

- Actuación nas instalacións da Armada en Ferrol.

- Asemade organizou o Festival de Panxoliñas en Decembro do 2002.


ANO 2003

O ano 2003 non supuxo moitos cambios respecto ao anterior ano. Seguimos participando en concertos noutros puntos de Galicia e de España tal e como fixeramos o ano pasado. Tamén organizamos os eventos de carácter musical máis importantes que pon en marcha o Concello de Laxe tódolos anos: O Concerto de Nadal, O Certame Coral da Canción Mariñeira e o Concerto do Día das Letras Galegas. Durante este ano fomos tamén ampliando o noso repertorio, o que supón a posibilidade de cantar noutros rexistros musicais.

As actuacións levadas acabo durante o ano 2003 foron:

- II Concerto do "Día das Letras Galegas, o 17 de Maio coa participación do "Orfeón Breogán". A duración do concerto foi de 45 minutos.

- I Concurso de Música Coral en Corcubión organizado o día 14 de Abril. A duración do concerto foi de 3 horas. A actuación da Coral foi de 45 minutos.

- Certame de Corais nas festas do Carme de Corcubión, 15 de xullo. A duración do concerto foi de 1 hora e 15 minutos, sendo a nosa actuación de 45 minutos.

- Concerto Homenaxe do "Prestige" en A Capela organizado a día 26 de abril. A duración do concerto foi de 2 horas. A duración da nosa actuación foi de 45 minutos.

- Organización e participación xunto con outras corais no II Certame da Canción Mariñeira en Laxe o 29 de xullo. A duración do concerto foi de 2 horas. A actuación da Coral foi de 45 minutos.

-Inauguración do Centro Cultural en Traba de Laxe o 6 de agosto. A duración do concerto foi de 45 minutos.

- Festival Coral en Villafranca del Bierzo. Organizado pola Agrupación Coral Voces del Bierzo o 8 de outubro. A duración do concerto foi de 1 hora e 30 minutos, sendo a nosa participación de 45 minutos.

- Certame Internacional en Cudillero (Asturias) organizada pola Coral S. Pedro de Cudillero o 8 de novembro. A duración do concerto foi de 1 hora e 30 minutos. A actuación da Coral foi de 45 minutos.


ANO 2004

O Ano 2004 non supuxo moita variación respecto dos anos anteriores, o máis salientable deste ano foi que se seguiu afondando nos intercambios con outras corais e que se ampliaron as saídas a outros puntos de Galicia e de España. A nosa Coral gaña ano tras ano prestixio e madurez. Xa hai novos certames aos que somos invitados. As actividades máis salientables este anos foron:

- Concerto "Mes das Letras Galegas" en Laxe coa participación da "Coral dos Traballadores de Axa" de O Porto (Portugal), "Airiños de Quenxe" de Corcubión e a "Coral Polifónica Municipal Atalaia" de Laxe o 29 de maio.

- Certame de Corais en Neda (Ferrol) o 3 de xullo.

- Certame de Corais en Moaña o 4 de xullo

- Certame de Corais en As Pontes (Ferrol) o 10 de xullo.

- Certame de Corais en Corcubión o 17 de xullo.

- III Certame da Canción Mariñeira de Laxe o 25 de xullo.

- Certame de Corais en Candás (Asturias) o 11 de setembro.

- Concerto de Corais en Caranza (Ferrol) o 19 de setembro.

- Certame de Corais en Collado-Villalba (Madrid) o 16 de outubro.

- Certame de Corais en Narón o 21 de novembro.

- Concerto de Nadal e Panxoliñas en Laxe o 26 de decembro.

- Concerto de Corais en Cee o 19 de decembro.


ANO 2005

Neste ano tivo lugar un fito moi relevante na historia da nosa coral: A primeira saída internacional a terras do pais veciño Portugal. Polo demais este ano foi unha continuación dos anteriores, organizando e participando nos nosos propios eventos musicais e potenciando as saídas a outros puntos de Galicia e de España. As actuacións realizadas durante o ano 2005 foron:

- Concerto "Mes das Letras Galegas" en maio de 2005.

- IV Certame da Canción Mariñeira de Laxe o 24 de xullo.

- Concerto de Corais Semana da Música en Melide en novembro de
2005.

- Concerto de Nadal e Panxoliñas en Laxe en decembro de 2005.

- Concerto de Corais en Bueu o 22 de maio.

- IX Encontro de Corais Norte e Baixo Miño en O Porto (Portugal). Foi a primeira saída internacional que realizou a Coral Polifónica Municipal "Atalaia" de Laxe.

- Concerto de Corais en Corme e en Pazos (Ponteceso).


ANO 2006

Este ano foi o ano da nosa consagración e probablemente o ano máis frutífero dende a nosa creación. Foi este o ano da gravación do noso primeiro Cd de música, o que reflexa a nosa madurez coma coral e a profesionalidade acadada durante todos estes anos de traballo. A gravación do Cd é, sen dúbida algunha, o fito musical máis destacado en toda a nosa traxectoria coma grupo.

Ao longo do ano 2006 realizáronse, ben como participante ou como
organizadora, diversos concertos de música coral onde participaron corais do ámbito xeográfico galego, así como doutras rexións de España:

-No mes de Maio deste año foi convidada pola Coral Stellarum de Madrid para participar no seu concerto con motivo das festas de San Isidro, patrón da capital de España.

-No mes de xullo realizouse, como tódolos anos dende a súa presentación, o V Certame da Canción Mariñeira, na Praza Ramón Juega de Laxe. Este concerto contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Laxe.

-No mes de outubro participou na gravación do seu primeiro CD, proxecto no que colaborou a Fundación Paideia Galicia, a Deputación da Coruña, Estudios Mans e, por suposto, o Concello de Laxe.

-Neste CD quíxose dar unha especial relevancia á música galega, no que oito das quince cancións que compoñen o CD son en galego e unha delas composta pola súa directora en colaboración cun compoñente da coral.

-No mes de novembro participou en dous encontros. O primeiro coa coral Airiños de Caranza (Ferrol), no que tamén participaron outras dúas corais. O segundo encontro realizouse en O Couto (Ferrol), convidados pola Asociación Cultural do Couto-Narón, e na que participou tamén o Orfeón Breogán de voces graves de Laxe.


ANO 2007

Probablemente o máis salientable deste ano foi a presentación do disco a tódolos veciños/as do Concello de Laxe. Durante o ano 2007 realizáronse, entre outras, as seguintes actividades que son unha continuación daquelas outras que se estiveron levando acabo dende os inicios da Coral:

- Presentación do 1º CD, gravado nos Estudios Mans (A Coruña) no mes de abril no Salón de Actos do Concello de Laxe.

-No mes de xuño realizouse un intercambio coa Coral Polifónica de Candeleda (Ávila) e no que participaron outras dúas corais da provincia e de Estremadura.

-No mes de xullo realizouse o VI Certame da Canción Mariñeira, concerto ao que estiveron invitadas catro corais máis, dúas delas galegas, así como a coral anfitrioa.

-Asemade no mes de agosto participou no Festival de Habaneras de A Coruña, con motivo das festas de María Pita.

-Para rematar, participou no Certame de Panxoliñas, organizado por Caixa Nova en A Coruña no mes de decembro de 2007 .


ANO 2008

No mes de outubro participamos no Festival Cantapueblo 2008 que se celebra na cidade de Mendoza (Bos Aires). Este festival é unha homenaxe á música coral que se ven celebrando dende 1989 a través da Fundación COPPLA e que eles mesmos definen como “A festa coral de América, un encontro coral non competitivo que promove a amizade entre os pobos do mundo, a través do canto coral.”, donde ao largo da súa historia reuniron a máis de 1.500 agrupacións corais de Arxentina, Chile, Perú, Ecuador, Venezuela, México, Uruguay, Paraguay, Brasil, Colombia, Malasia, Italia, España, Alemania, República Checa, Estados Unidos e Eslovenia.

Tódolos anos se celebra o Festival da Canción Mariñeira, coa actuación da coral polifónica Atalaia, ademáis de corais participantes doutras zonas.

No mes de setembro actuamos en Ponteceso, nun festival con motivo das festas patronais da localidade.

Actuamos en Malpica, invitados pola Coral de Malpica e en Cesullas (Cabana de Bergantiños) con motivo dun festival de corais.


ANO 2009

Durante o ano 2009 realizamos as seguintes actuacións:

- Actuación en San Pedro de Nós, en setembro.

- Actuación en Pazos (Ponteceso), no mes de decembro.

- Actuación en Sada, no mes de maio.

- Actuación en Agualada, no mes de decembro.

- Celebración do Festival da Canción Mariñeira, coa actuación da coral polifónica Atalaia, ademáis de corais participantes doutras zonas.


ANO 2010

Realizamos as seguintes actuacións:

- Actuación en Calo (Teo), o 6 de xuño.

- Actuación en Narón, o 12 de xullo.
 
- Actuación na Coruña, no Concerto de Habaneras, o 12 de agosto.

- Actuación en Santiago de Compostela, o 30 de outubro, nun concerto de corais.

- Actuación realizada no Concello de Pontedeume para a entidade Ateneo Eumés Fernán Martís, o 25 de setembro.

- Actuación realizada para a Asociación Cultural Homes e Mulleres da coral de Corcoesto, o 6 de decembro.


ANO 2011

Este ano, no que a coral celebrou o seu décimo aniversario dende a súa fundación, tivo un programa de actuacións moi numeroso que relatamos a continuación:

- 19 e 20 de febreiro: Viaxe a Portugal e actuación en Gondomar. Estancia en Oporto e visita a Viana do Castelo e A Fortaleza.

- 6 de marzo: Participan como comparsa no entroido de Laxe.

- 15 de maio: Intercambio de corais "letras galegas" en Narón.
- 17 de maio: concerto Letras Galegas en Coristanco.

- 25 e 26 de xuño: Viaxe e concerto en Villanueva de La Vera (Cáceres), visita a Zamora e Salamanca.

- 31 de xullo: X Certame da Canción Mariñeira en Laxe.

- 7 de agosto: Festival de Corais de Malpica.

- 17 de agosto: Misa en honra á Virxe do Carme en Laxe.

- 18 de setembro: Encontro de corais en esteiro.

- 25 de setembro: Festival mariñeiro en Cariño.

- 15 de outubro: Festival Neria en Laxe.

- 19 de novembro: Actuación no xeriátrico de Vimianzo.

- 17 de decembro: Festival de Panxoliñas en Laxe.

- 18 de decembro: Concerto de Panxoliñas en Corcubión.


ANO 2012

O ano 2012 resultou un ano de menos actividade pero non por elo menos importante. Durante este ano, os concertos nos que participou a nosa coral foron:

- 28 de abril: Concerto XVII Aniversario do Coro de Oleiros na Igrexa de Sta. María.

- 5 de maio: XVI Festival de Masas Corais "José Mª Díaz Bardales" en Gijón na Igrexa Nuestra Señora de Fátima.

- 29 de xullo: XI Certame da Canción Mariñeira en Laxe.

- 20 de outubro: IV Certame de Corais de Neria en Baio na Igrexa Nova.


- 15 de decembro: IX Festival de Panxoliñas de Laxe na Igrexa de Santa María da Atalaia.


ANO 2013

En xaneiro deste ano asumiu a dirección da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe D. Isidro Caamaño Trillo.
As datas de actuacións foron as seguintes:

- 29 de xuño: Actuación na Igrexa Parroquial de Escobedo de Camargo (Santander) no marco das súas festas patronais.

- 28 de xullo: XII Certame da Canción Mariñeira en Laxe.

- 21 de setembro: Concerto Coral de Verán na Igrexa Parroquial de Carral.

- 6 de outubro: Concerto de outono no Auditorio de Valga (Pontevedra).

- 23 de novembro: Certame de Sta Cecilia no Pazo da Cultura de Carballo.

- 14 de decembro: X Festival de Panxoliñas en Laxe.


ANO 2014

No presente ano, a nosa Coral Polifónica estivo presente nos seguintes concellos:

- 23 de maio: Certame de Corais de Neria celebrado na Casa de Cultura de Vimianzo.

- 7 de xuño: Concerto de Primavera no Teatro Principal da Estrada.

- 28 e 29 de xuño: Viaxe e participación no Certame de Corais de Aveiro (Portugal)

- 27 de xullo: XIII Certame da Canción Mariñeira na Praza de Ramón Juega de Laxe.

- 2 de agosto: Concerto en Cedeira.

- 20 de setembro: Concerto en Redondela na Illa de San Simón.

- 22 de novembro: Festival de Sta Cecilia en Bertamiráns (Ames)

- 13 de decembro: XI Festival de Panxoliñas en Laxe.


ANO 2015

Grazas á colaboración e xestión compartida do Concello de Laxe coa Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, a Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, realizou nese ano os seguintes concertos:

- Sábado 27 de xuño: en Valdoviño (Ferrol).

- Sábado 11 de xullo: no Concello de Brión.

- Domingo 19 de xullo: no XIV Certame da Canción Mariñeira de Laxe.

- 1ª ou 2ª fin de semana de agosto: no Festival de Habaneras de A Coruña.

- 1º ou 2º sábado do mes de setembro: en Noia.

- Sábado 31 de outubro: en Ourense.

- Sábado 14 de novembro: en Benavente.

- Sábado 12 de decembro: no XII Festival de Panxoliñas de Laxe.


ANO 2016

A Coral Polifónca Municipal Atalaia de Laxe, iniciou a súa xira de actuacións este ano no mes de maio no lugar de As Neves, Concello de A Capela (A Coruña).
Ao mes seguinte, actuou en Pontecesures (Pontevedra); en xullo estivo en Melide e Laxe (co seu Certame da Canción Mariñeira); en agosto en Cee; e no mes de setembro chegou a fóra da nosa Comunidade, concretamente a Asturias, sendo invitada ao “Primer Alaencuentro Coral “Son del Camín” de Mieres del camino.

A viaxe foi organizada pola Asociación Cultural de Amigos de la Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe coa colaboración da Deputación da Coruña. O Festival celebrouse o 24 de setembro no Auditorium da Casa da Cultura de dita población asturiana, que se encheu de público que despediu á Coral Atalaia cunha ovación interminable.

O 19 de novembro actuou en Santiago de Compostela; en Ourense, fíxoo o 26 de novembro estando convidada a tal concerto por resultar a Coral gañadora no Anuario de Corais do ano 2015 no Ateneo Ourensán; e finalizou esta xira, como sempre, en Laxe, co Festival de Panxoliñas, o día 17 de decembro.

De maneira esquemática, estes foron os lugares de actuación da Coral durante este ano:

- 7 de maio: Pazo de Baión (Vilanova de Arousa)

- 28 de maio: As Neves, A Capela

- 11 de xuño: Pontecesures (Pontevedra)

- 23 de xullo: Melide

- 30 de xullo: Laxe - XV Certame da Canción Mariñeira

- 6 de agosto:Cee

- 24 de setembro: Mieres del Camino (Asturias)

- 19 de novembro: Santiago de Compostela

- 26 de novembro: Ourense

- 17 de decembro: Laxe - XIII Festival de Panxoliñas


ANO 2017

Durante o ano 2017, realizou as seguintes actuacións:

 - 29 de abril: Oleiros
 - 10 de xuño: Pontevedra
 - 22 de xullo: Dueñas (Palencia)
 - 29 de xullo: Laxe XVI Certame da Canción Mariñeira
 - 6 de agosto: Cee
 - 21 de outubro: As Pontes de García Rodríguez
 - 25 de novembro: Concello de Cariño
 - 9 de decembro: Laxe - XIV Festival de Panxoliñas


ANO 2018

Durante este ano, a nosa Coral estivo presente en:

- 23 de febreiro: actuou no programa LUAR da TVG xunto coa Coral Costa da Morte e Coro infantil do Colexio Manuel Arrial de Cee, acompañados de gaita, tambor, bombo e piano.

- 12 de maio: no Concerto das Letras Galegas do Concello de Burela.

- 26 de maio: no Concerto celebrado con motivo das Letras Galegas no Concello de Redondela.

- 30 de xuño: no Concerto de Habaneras da programación cultural do Concello de Carballo durante o San Xoán.

-25 de xullo: concerto no Concello de Cee.

- 28 de xullo: no XVII Certame da Canción Mariñeira do Concello de Laxe.

- 8 de setembro: no Concello de Suances (Cantabria-Santander)

- 27 de outubro: no Concerto de Outono do Concello de Bergondo.

- 15 de decembro: no XVI Festival de Panxoliñas do Concello de Laxe.


ANO 2019

O programa de actuacións para este ano é o seguinte:

  • Sábado 1 xuño: no Concello de Serra de Outes.
  • 3º ou 4º semana de xuño: en Ourense.
  • Sábado 27 de xullo: no XVIII Certame da Canción Mariñeira en Laxe, no que participarán tamén corais procedentes de Rianxo, Ourense e Avilés na Praza de Ramón Juega.
  • Sábado 14 de setembro: no Concello de Rianxo.
  • Sábado 21 de setembro: en Avilés.
  • Sábado 23 de novembro: concerto de Santa Cecilia en A Coruña.
  • Sábado 14 de decembro: no XVI Festival de Panxoliñas de Laxe na Igrexa Sta. María da Atalaia. Nel participarán tamén agrupacións corais procedentes de Outes e A Coruña.


DISCOGRAFÍA

Toda agrupación musical que queira difundir a súa actividade máis aló do ámbito local e/ou ter  maior recoñecemento dentro do ámbito da música debe, polo menos, gravar algún disco na súa historia.

No Concello de Laxe fomos conscientes da importancia que tería para a nosa coral a posibilidade de gravar un disco, xa que a través desta canle a coral podería transmitir a moita máis xente o seu traballo realizado a prol da música coral.

Tres institucións galegas - Deputación da Coruña, Fundación Paideia Galiza e Estudos de Gravación MANS - uníronse e abordaron este proxecto musical co obxectivo de colaborar no desenvolvemento estratéxico do sector da música na provincia da Coruña, sector emerxente xerador de país, de cultura, de bens económicos e de futuro. Para levar acabo este proxecto contouse ademais coa inestimable colaboración do Concello de Laxe.

O disco "Sons da Terra" está composto das seguintes cancións:

1. CANTICORUM IUBILO. Oratorio de San Xudas Macabeo de G.Haendel.

2. NABUCCO: Coro de Escravos da Ópera de Giussepe Verdi.

3. JARDÍN DE ENSUEÑO: Obra de Rey Rivero.

4. LA SIRENA: Habanera de Rey Rivero.

5. EL ABANICO: Habanera popular de J. Trayler.

6. MAITE: Canción popular vasca do autor R. Sorozabal, con harmonización de E. Bravo.

7. CIELITO LINDO: Vals mexicano con letra de E. Varela e harmonización de A. Guisado.

8. VELAI VAI: Canción Popular Galega do autor F. Rey Rivero.

9. MARIÑEIRO: Panxoliña Galega do autor Rogelio Groba.

10. XA NON SEI CANTAR: Balada Galega do autor Santiago P. Bernal.

11. CANTIGAS DA TERRA E DO MAR: Do autor I. Caamaño e con arranxo coral de Mª Teresa López Rodríguez.

12. ROSEIRIÑA: Balada Galega con letra de Demetrio Iglesias e música de Xosé A. Oliveira.

13. FOLIADA DE NADELA: Canción Popular Galega.

14. LAXE MARIÑERO: Do autor José Toja e harmonización de Mª Teresa López Rodríguez.

15. HIMNO GALEGO: Letra de Eduardo Pondal, Música de Pascual Veiga e arranxo coral de Rogelio Groba.

Na actualidade, tense en proxecto gravar un segundo CD que incorpore os novos repertorios e temas que a Coral Polifónica vén interpretando nestes últimos anos.


CONTACTO

CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL ATALAIA DE LAXE
(Concello de Laxe)
Av. Cesáreo Pondal, 26
15117 Laxe (A Coruña)
Tf: 981 70 69 03
E-mail: cultura@concellodelaxe.com

ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL ATALAIA DE LAXE
627 40 81 03
acoratalais@hotmail.com


Portal cidadán de Laxe © by Abertal