ASOCIACIÓN AMBIENTAL CONTRAMÍNATE
Contramínate comeza como un coletivo de veciños de Laxe (A Coruña), constituido en febreiro de 2013 para intentar parar o proxecto mineiro a ceo aberto de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), xunto coa Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.
En abril de 2015, decidimos constituirnos como asociación ambiental para seguir velando pola defensa do noso territorio.
O noso labor, centrado localmente en Laxe, consiste en informar obxectivamente sobre ameazas ao medioambiente, ademais de organizar actividades e encontros centrados no disfrute e a preservación da natureza.
XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTA: Alba Vázquez Lema
SECRETARIA: Isabel Segura Espinosa
TESOUREIRO: Pablo Naya Seoane
VOGAIS: Caridad Camarero Suanzes, María Carmen Lema Mouzo, María Dolores Torrado Vicente e María Belén Llanos