Presentación

Asociación veciñal sen ánimo de lucro constituída para intervir, dinamizar e mellorar infraestruturas da parroquia de Sarces en particular e do Concello de Laxe en xeral.

Finalidade

a) Velar, defender e propoñer solucións ás posibles problemáticas que presente a veciñanza de Laxe en xeral, e a pertencente á parroquia de Sarces en particular, nos diferentes ámbitos da vida cotiá.

b) Optimizar e enriquecer os recursos materiais, infraestruturas, equipamentos e espazos compartidos pola veciñanza.

c) Mellorar a calidade de vida en xeral da veciñanza en diferentes ámbitos, tales como: físico, psicolóxico, social, educativo, histórico, patrimonial e urbanístico.

d) Ofrecer alternativas para a ocupación de tempos libres da veciñanza.

Actividades

a) Informativas, formativas, culturais, gastronómicas e/ou lúdicas.

b) Excursións.

c) De intervención, creación e/ou mellora dos recursos, infraestruturas, equipamentos e espazos compartidos pola veciñanza.

d) Calquera outra que responda ós intereses e necesidades da veciñanza do lugar en cada momento.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal