Presentación

Unha das funcións máis importantes dun Concello é a de resolve-los problemas derivados do tráfico viario, o medio ambiente, a seguridade cidadán, os conflictos privados e as situacións de risco ou emerxencia. A solución destes problemas canalízase a través da Policía Local, que, xa que logo, ten entre as súas funcións, as seguintes:

• Ordenar, sinalizar e dirixi-lo tráfico no casco urbano.

• Instruí-los atestados correspondentes ós accidentes de tráfico ocorridos dentro do término municipal.

• Instruí-los expedientes sancionadores en materia de tráfico.

• Prestar auxilio en caso de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando nas tarefas de Protección Civil.

• Previ-la comisión de actos delictuosos, mediante unha efectiva vixilancia das rúas, prazas e lugares do municipio.

• Cooperar na resolución de conflictos privados.

• Vixiar e custodia-los edificios e instalacións municipais.

• Realizar informes de convivencia, de solicitudes de vado e ocupación da vía pública, localización e precinto de vehículos, actividades industriais, etcétera.

• Auxiliar á Policía Xudicial.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal