Presentación

Os servizos sociais de atención primaria son o nivel mais próximo ó usuario e o seu ambente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas especialmente a aqueles que están ou corren o risco de estar en situacións de carencia ou marxinación.

Os Servizos Sociais de Atención Primaria neste Concello veñen funcionando dende o ano 1987, aínda que non conta con persoal exclusivo ata febreiro de 1991. A partir de entón fóronse incorporando outros profesionais e neste momento está formado por unha Traballadora Social, unha Técnico de Intervención Familiar e cinco Auxiliares Domésticas.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal