Programa de Escola de Maiores

Ante a necesidade de transformarse coa sociedade xorde a necesidade de unha formación continua para dar resposta as novas necesidades sociais, esta é a EDUCACIÓN PERMANENTE.

As escolas de maiores deben posibilitar o desenrolo persoal e profesional dos cidadáns e as súas posibilidades de participación nos ámbitos social, cultural, político e económico; debendo atender preferentemente a aqueles grupos ou sectores sociais con carencias e necesidades de formación ou con dificultades para a súa inserción laboral, promovendo a igualdade de oportunidades na consecución das habilidades consideradas básicas que permitan a participación de forma libre e autónoma na sociedade e na cultura.

Obxectivos:

- Insertar ás persoas adultas no seu contexto social e cultural
- Aumenta-la autoestima a partir dun proceso de participación e creatividade.
- Estimular nos participantes as posibilidades de cambio e mellora para logra-la transformación do seu entorno.
- Mellora-lo benestar físico, mental e social das persoas.
- Fomenta-lo abandono de sentimentos de marxinación social, converténdose en protagonistas na defensa dos seus intereses (favorecendo así a integración)
- Motivar ós adultos para adquirir e actualizar coñecementos
- Obte-lo título de Graduado en ESA.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal