I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes

Presentación

A tarefa de traballar pola Igualdade efectiva das Mulleres e Homes vense
desenvolvendo, dun xeito máis intenso, desde a creación de políticas específicas destinadas a compensar as desigualdades que por razón de xénero aínda seguen vixentes na sociedade actual.
Durante estes anos, en Galicia, puxéronse en marcha distintos programas
e servizos destinados á muller, pero era necesario o establecemento dun
marco xeral de traballo que implicara a todas as áreas municipais.
O I Plan de Igualdade de Oportunidades de Laxe é o documento marco de actuación para o Concello de Laxe en materia de Igualdade para o período
2004-2007 e preséntase como un instrumento de traballo onde se recollen as actuacións a realizar desde distintos ámbitos da sociedade e departamentos municipais.

O Concello quere facer visible que este documento é posible grazas á participación, na súa elaboración, das asociacións de Laxe, axentes sociais,
centros de educación e saúde, así como ás propostas realizadas desde os
Servizos Sociais do Concello de Laxe, e subliñar que o correcto desenvolvemento do Plan non será posible sen a participación de todas e todos.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal