BORJA FACAL LEMA

Borja Facal

Data de nacemento:

18-06-1985 en Laxe ( A Coruña )

Formación:

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (2004- 2010).

Traxectoria futbolística:

Bergantiños Fc (3ª división) 2009/2010.

Real Murcia Fc. (2ª división - 2ª división B) 2008/2009.

Real Club Deportivo “B” de A Coruña (2ª división B y 3ª división) 2008-2005.

Bergantiños Fc (Categorias inferiores y primer equipo) 2005-2000.


Borja Facal é un xogador de fútbol nado en Laxe, que pode polas súas características físicas e técnicas xogar de lateral e interior dereito, posicións nas que actuaría dende a súa formación como xogador.

Xa dende pequeno demostrou a súa afección ó fútbol xogando nos torneos locais de fútbol praia organizados polo concello á idade temperá.

Co paso dos anos e tras xogar de maneira espallada polo fútbol sala nalgúns equipos da comarca ficha polo Bergantiños cadete e ali comeza a sua andaina.

Xoga nos cadetes e nos xuvenís e despunta de forma que con 17 anos xa debuta co primeiro equipo en 3ª division. Despois de rematar a etapa xuvenil, forma parte do primeiro equipo xa como senior (2004/2005) e ali coincide con Oscar Toja. O rendemento dos dous laxenses non pasa desapercibido e o primeiro ficha polo Deportivo “B” e Oscar polo Negreira de 2ª b.

E aquí no Deportivo B onde Borja acada os seus maiores éxitos ó longo das súas tres tempadas no filial. O primeiro ano (2005/2006) queda campión de terceira división e disputa o play-off de ascenso a 2ª B non sendo posible o ascenso.

O segundo ano ( 2006-2007) queda campión de terceira división e disputa o play-off de ascenso conseguindo o ascenso a 2ª B.

O terceiro ano (2007-2008) e sendo o Deportivo B debutante na categoria acada un 4 posto, unha das prazas de play-off ascenso á 2ª división, non sendo posible o ascenso á categoria de prata.

Na tempada 2008-2009 decide fichar polo Real Murcia que lle ofrece un contrato profesional para alternar primeiro equipo e filial, sendo practicamente utilizado no filial e só en partidos non oficiais no primeiro equipo.

Co filial acada un 5º posto na Segunda B. Tras non recibir ofertas importantes e tras pensar en rematar os seus estudios en Ciencias da Actividad física e o Deporte no Inef Galicia, decide volver a Galicia e fichar polo Bergantiños Fc (3ª division).





Portal cidadán de Laxe © by Abertal