Área de Asociacionismo e Participación Social

Obxectivo Xeral 1:
Promover a participación e a plena integración das mulleres en todos os ámbitos da vida pública.

Obxectivo específico 3.1:
Fomentar a creación, dinamización e mantemento de asociacións de mulleres.
Actuacións
* Intermediar na solicitude dunha mellora do espazo do colectivo de mulleres “Amas de Casa”
* Fomento da participación de mulleres na futura radio municipal, como parte activa deste medio de comunicación
* Determinar unha asignación especial na convocatoria de subvencións municipais para a promoción de asociacións de mulleres ou aquelas que promovan programas para a igualdade de oportunidades
* Organizar cursos dirixidos a mulleres para a promoción do asociacionismo e para e mellora do nivel de organización, xestión e coordinación das asociacións xa existentes
* Establecer subvencións para a realización de actividades que fomenten a igualdade entre mulleres e homes para todo tipo de asociacións (culturais, deportivas…)
* Continuar prestando asesoramento xurídico-financeiro, sobre subvencións, etc. ás Asociacións de Mulleres e difundir este servizo
* Sensibilizar ás mulleres para que se asocien
* Coordinarse coas asociacións e colectivos existentes para a realización de cursos e actividades

Obxectivo específico 3.2:
Promover actividades culturais que permitan ás mulleres iniciar un proceso de educación para a cultura, asumindo a importancia que ésta ten no desenvolvemento persoal (música, cine, teatro...)
Actuacións
* Realización de cursos que non supoñan unha extensión no tempo de formación ou de lecer do papel tradicionalmente desenvolvido por mulleres e homes, como podería ser un Curso de Cociña creativa para homes, un Curso de Técnica audiovisual para mulleres
* Informar das actividades culturais en espazos tradicionalmente femininos


Portal cidadán de Laxe © by Abertal