VERÁN A PÉ DE RÚA

Verán a pé de rúa

Este programa foi concebido para ofrecer un amplo abanico de xéneros artísticos sen perder o nexo de unión das actuacións de rúa:

Teatro, Novo Circo, Maxia, Títeres, Pasarrúas

A selección das compañías realízase minuciosamente entre o equipo de traballo do departamento, e aproveitáronse varias subvencións para realizar a programación:

·Rede Cultural da Deputación de A Coruña
·Circuitos Cultura na Rúa 2007, da xunta de Galicia
Os criterios de elección son os seguintes:
·Humor: que a comicidade sexa unha gran protagonista nos espectáculos, asegura a diversión do público e garantiza a afluencia ós seguintes espectáculos.
·Variedade dos xéneros, abranguendo máis aló dos espectáculos destinados únicamente ó público infantil; hai que ofrecer espectáculos atractivos tamén para toda a familia, e para o público adulto.
·Este ano faráse unha mención especial en dúas datas sinaladas o día 13 de Agosto, para conmemorar a estrea da primeira obra teatral en lingua Galega no ano 1882, e o 30 de Agosto

O acondicionamento dos espazos écoidado en cada representación buscando sempre a concordancia entre o espazo e a natureza da representación, buscando a comodidade da compañía que actúa e do público. Incluíase un punto de información das actividades do Concello.

Inclúese unha excursión dentro do programa ó Festival Internacional de Clown de Galicia, desta forma alentamos ós nosos veciños a que se desplacen para desfrutar de espectáculos.


OBXECTIVOS:

·Ofertar un amplo abano de actividades culturais durante o verán para os veciños e veciñas e visitantes da nosa vila.
·Utilizar os espazos ó aire libre do Concello, como escenarios culturais de exhibición pública na vila e dinamizar os Centros Sociais das parroquias, como unha forma de achegar a vida cultural ós nosos veciños e veciñas, rachando cunha idea elitista do consumo de lecer cultural
·Crear hábitos de asistencia, de ahí que tódalas semanas coincida a actuación en xoves, ainda que determinados espectáculos de maior relevancia, enmarcánse na fin de semana.
·Ofrecer un punto de información cultural das actividades programadas dende o Concello. En tódalas representcións colocase unha mesa e un taboleiro con información desa representación e das seguintes, repartense os programas de Verán e a Revista do Concello.

Nas actuacións na Praza de Ramón Juega, a media do número de asistentes estivo sobre 250-260 persoas, é un público familiar, que inclúe non só ós veciños senon os e as turistas que nos visitan no verán.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal