O Concello de Laxe anuncia a licitación do proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas por un total de 54.713,236 euros. As obras, subvencionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), contan cun prazo de execución de tres meses.
O proxecto contempla actuacións en tres zonas diferentes: O Centeal, Castrelo e As Penelas. Nos camiños afectados procederase á regulación do firme e ao mantemento das marxes das vías mediante a roza e limpeza de cunetas. Tamén se mellorará a sinalización horizontal e vertical.
As empresas poden presentar as súas ofertas ata o próximo luns, 10 de outubro.