Con motivo do 8M, desde o Concello de Laxe organizamos a cuarta edición da videomontaxe 'As mulleres de Laxe', una iniciativa impulsada desde a concellería de Servizos Sociais para a creación dunha peza audiovisual na que se visibilicen as mulleres do municipio.
Poderán enviarse imaxes de mulleres de diferentes idades, traballando, viaxando, descansando, etc. O prazo para participar remata este domingo, 5 de marzo, habilitándose dúas canles para mandalas as fotografías:
* Por WhatsApp ao 626 110 438
* Por correo electrónico a sandra.mouzo@laxe.es
Desde o Concello animan a veciñanza a participar ao tratarse dunha actividade que pon en valor o papel da muller na sociedade.