O Concello de Laxe activará este xoves, 16 de marzo, unha nova campaña de trampeo de velutinas que estará en marcha ata o 15 de xuño.
Desde a Administración local repartiranse un total de 100 trampas entre a veciñanza. Polo momento xa hai instalados 50 dispositivos en diferentes puntos do municipios.
Todas as trampas estarán controladas e serán xeolocalizables a través dunha aplicación do teléfono móbil.
Quen desexe solicitar un destes elemento de loita contra a velutina, xunto co seu correspondente líquido atraente, poderá facelo a través das oficinas xerais do Concello de Laxe cubrindo un formulario cos seus datos persoais.
Unha vez colocada a trampa, deberase informar do número de exemplares capturados cada 15 días.