O Concello de Laxe acaba de recibir unha subvención de 15.000 euros da Deputación de A Coruña co obxecto do mantemento do persoal técnico en xestión cultural no 2022. Esta axuda está enmarcada no programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura durante dito ano ano.
O persoal técnico contratado desenvolverá nas entidades locais, con carácter xeral, os seguintes traballos:
* Dinamización e mediación sociocultural do territorio, intervención socioeducativa cos diferentes grupos de idade
* Deseño e desenvolvemento de políticas de apoio á creación cultural e artística local.
* Deseño e desenvolvemento de políticas de xeración de oferta cultural no ámbito local.
* Desenvolvemento de enfoques relacionais e cooperativos cos campos do patrimonio, turismo, educación, igualdade, servizos sociais e medio ambiente no municipio e comarca.
A continuación poden consultarse as bases do programa de subvencións así como a resolución definitiva da mesma.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |