O rexedor de Laxe, José Luis Pérez Añón, e a representante da empresa Máis Porvir Xestión Social, Sandra Caamaño Gómez, asinaron este venres na casa consistorial o contrato de servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais por un total de 250.424,31 euros.
Entre os servizos prestados contémplase a limpeza dos seguintes edificios e instalacións: a Casa do Concello, o polideportivo municipal, o edificio de servizos múltiples de Laxe, os centros sociais de Traba, Soesto e Aplazadoiro, as escolas de infantil e primaria de Traba e A Torre, as dependencias da biblioteca municipal, o salón de actos culturais, o local social de Valle Inclán, o Museo do Mar, o punto de atención infantil de Laxe e os vestiarios do campo de fútbol municipal.
O prezo anual da prestación do servizo ascende a 56.931,69 euros, establecéndose a execución do mesmo por tres anos, e cunha posible prórroga dun ano adicional, a partir do 1 de abril.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |