O Concello de Laxe destina un total de 49.505,46 euros renovar e mellorar distintos camiños no lugar de Coéns.
Esta actuación está financiada a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, o programa de mellora da entidade provincial para financiar obras e servizos públicos nos Concellos.
Con esta obra, centrada na pavimentación da zona, Laxe contribúe a facilitar a circulación de vehículos no municipio, ao mesmo tempo que mellora unha infraestrutura de carácter básico, que redundará na calidade de vida da veciñanza.
O alcalde, José Luis Pérez, destacou a importancia desta execución e sinalou que “desde o Goberno local sempre traballamos para incrementar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Co remate desta actuación, non só melloramos ás infraestruturas do Concello, senón tamén a seguridade vial".