O Concello de Laxe xa ten establecementos gañadores dos seus concursos de escaparates ‘Entroideiros’ e ‘Namoradeiros’, enmarcados na completa programación do LaxEntroido deste 2024.
A perruquería Azabache, que encheu o seu escaparate de corazóns e vermello para celebrar o día de San Valentín, 14 de febreiro, conseguiu ser o local máis votado no concurso de escaparates namoradeiros, cun total de 66 votos entre as dúas canles habilitadas.
No que respecta ao concurso de escaparates ‘Entroideiros’, foi a Asesoría Barizo a que conseguiu a puntuación máis alta, cun total de 68 votos, tras animarse a crear o seu propio local, a Tenda de Clarisa, para celebrar estas datas.