- A charla participativa, impartida pola técnica de intervención familiar, terá lugar a partir das 11:15 horas no Salón de Actos do Concello e ao remate proxectarase a videomontaxe “As mulleres de Laxe”
- A lectura do Manifesto efectuarase diante da Casa Consistorial ás 12:30 horas
Laxe, 06 de marzo de 2024 – O Concello de Laxe organiza unha charla participativa e a lectura do Manifesto para conmemorar o Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo.
A charla participativa, que será impartida por Emma Álvarez, técnica de intervención familiar, terá lugar a partir das 11:15 horas no Salón de Actos do Concello. Ao remate proxectarase a videomontaxe “As mulleres de Laxe”.
“As mulleres de Laxe”, que celebra xa a súa quinta edición, expón unha radiografía do municipio onde se pode ver unha representación en clave feminina da súa veciñanza. Para esta edición contou cunha gran participación, con máis de 50 achegas fotográficas.
A lectura do Manifesto efectuarase diante da Casa Consistorial ás 12:30 horas.
Desde o Goberno laxense animan a toda a veciñanza a participar nos actos deste venres, co obxectivo de expoñer as reivindicacións en materia de igualdade que teñen lugar polo Día Internacional da Muller.