11/05/2024 O Concello iniciará este luns as obras de mellora do acceso e explanada da Igrexa de San Esteban, en Soesto

O Concello de Laxe dará comezo este luns, 13 de maio, ás obras de mellora do acceso e explanada exterior da igrexa parroquial de San Esteban, na parroquia de Soesto.  

A actuación, que se desenvolverá nos vindeiros meses e conta cun orzamento de 40.252 euros, inclúe a mellora desta zona para, así, incrementar a seguridade e garantir as mellores condicións para acceder a este espazo.  

O alcalde, Francisco Charlín, destacou que se trata dunha “renovación do pavimento moi necesaria para que, tanto a veciñanza de Soesto como a do resto das parroquias de Laxe, gocen dun acceso máis sinxelo á igrexa".

Charlín indicou que “aproveitamos para mellorar o aparcamento do lugar, facilitando o acceso a través de vehículos”.  

O rexedor subliñou que “esta actuación permítenos poñer en valor un dos elementos patrimoniais do noso municipio como a Igrexa de San Estaban”.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal