21/05/2024 O alcalde recibe á deputada de plans provinciais para presentar os investimentos do Plan Único neste 2024

O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, xunto con membros da corporación municipal, recibiu esta mañá á deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García.

Durante o encontro, García presentou os investimentos do Plan Único da Deputación da Coruña neste 2024 no municipio. Serán un total de 533.380,08 €, nos que se inclúen os 281.978,63 € da fase inicial e os 251.401,45 € adicionais.

Ademais, aproveitaron a visita para contemplar o avance das obras na Igrexa de Soesto, financiada con fondos provinciais.

O alcalde destacou que "con estas obras conseguimos mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, moitas delas demandadas por eles mesmos".

Ademais, destacou que "desde o Concello de Laxe traballamos durante todo o ano, realizando as tramitacións e as solicitudes necesarias para conseguir estes fondos, que nos permitan levar a cabo aqueles proxectos que redundan na mellora do noso municipio".

Portal cidadán de Laxe © by Abertal