29/07/2024 O Museo do Mar de Laxe acollerá durante o mes de agosto a exposición ‘O Camiño dos Faros: unha imaxe a cada paso’

Este domingo, 4 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a inauguración da exposición ‘O Camiño dos Faros: unha imaxe a cada paso’ no Museo do Mar de Laxe, onde estará aberta ao público durante o mes de agosto.  

A mostra, na que se reflicte a beleza paisaxística da ruta, está composta por preto de corenta fotografías de Trasninho Costa da Morte, Esther García, Antonio González e Chano Amado.  

A asociación O Camiño dos Faros, entidade organizadora, busca homenaxear aos fotógrafos trasnos que, desde o comezo, contribuíron co seu ollar detrás do visor a visibilizar este Camiño.  

Trátase dunha recompilación de imaxes itinerante que percorre os diferentes concellos da Costa do Morte polos que transcorren as etapas e nas que se mostra a beleza natural das mesmas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal