O Concello de Laxe achegará a igualdade de xénero ás crianzas co obradoiro ‘Con ciencia de muller’.
A actividade terá lugar este sábado, 21 de setembro, ás 18:00 horas, na biblioteca municipal Antón Zapata.
A sesión está dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos e nela poderán realizar diferentes experimentos cos que descubrir a figura dalgunhas das grandes científicas galegas que contribuíron ao progreso da humanidade.
Deste xeito, traballarán coa figura de Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa, entre outras, xa que son mulleres que destacan ou destacaron polos logros que conseguiron nos seus respectivos campos de investigación.