O Concello de Laxe, a través do departamento de Cultura e Turismo, vén de executar a adquisición de novos equipamentos para o Museo do Mar de Laxe, valorados en 12.500 euros.
O proxecto inclúe a compra dunha cámara escáner de sobremesa para dixitalizar libros e documentos en papel; atrís, paneis e soportes para a exhibición de pezas, ademais de dúas vitrinas para o primeiro andar e catro “roll-up”, que estarán dedicados ao Arquivo Fotográfico Vidal, ao Arquivo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa, e ao médico indiano Ramón Juega.
Para este proxecto, o Concello contou co cofinanciamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ao abeiro da subvención que esta convoca anualmente dirixida aos museos que conforman a Rede Galega de Museos.
Neste senso, a Xunta achegou o 80% do importe, 10.000 euros, mentres que o Concello de Laxe sufraga o 20% restante, 2.500 euros.
Deste xeito, o Concello reafirma a súa aposta polo Museo do Mar de Laxe, un dos referentes do patrimonio histórico – cultural municipal, e pola mellora das coleccións do museo.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |