Xa é Nadal no concello de Laxe, que lle deu a benvida a estas datas tan especiais co acendido da iluminación festiva.
A praza de Ramón Juega encheuse de música e animación para gozar dunha xornada máxica, na que non faltaron os bonecos e un canón con neve artificial que transportaron aos máis pequenos e pequenas a un mundo de ilusións.
Tamén se serviu chocolate con churros de balde para todas as persoas asistentes.
O Concello dá así a benvida a unhas festas que contarán cunha ampla programación cultural con propostas para todos os públicos.