O Concello de Laxe impulsa a IV edición do seu concurso de escaparates de Nadal, que ten como obxectivo valorar, recoñecer e premiar a mellor decoración dos escaparates dos comercios e dos locais da hostalaría que desexen participar.
As inscricións pódenas realizar ata o 19 de decembro de 2024 na Casa do Concello ou a través da sede electrónica municipal. Cada establecemento deberá entregar, xunto coa folla de inscrición, un máximo de dúas fotografías da decoración coa que desexa participar.
O xurado estará composto pola veciñanza, que poderá votar a través da conta de Facebook do Concello, dando “me gusta” ou “me encanta” á imaxe que desexa que sexa vencedora; ou a través do servizo municipal de WhatsApp ‘NovasLaxe’, enviando unha mensaxe ao número 657 771 006 co nome do establecemento ou local comercial elixido.
As votacións realizaranse a partir da publicación das imaxes, o día 20 de decembro, ata as 12 horas do 8 de xaneiro. A resolución do certame, a entrega de diploma e o agasallo conmemorativo ao local que máis votos reciba realizarase o 12 de xaneiro.
Desde o Concello de Laxe animan a todos os establecementos comerciais e hostaleiros do municipio a participar nesta campaña, conseguindo un espírito e unha imaxe de Nadal en toda a vila.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |