Laxe recibirá este domingo, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos de Oriente. As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias do municipio.
Arredor das 19:00 horas chegarán ao pavillón municipal, onde terá lugar unha gran festa infantil de 17:30 a 20:30 horas. Os máis pequenos e pequenas poderán gozar de inchábeis, música, animación e chocolate e Roscón de Reis de balde.
Ademais, haberá dispoñible un buzón real para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas coas peticións para os Reis.
<< | < | Xullo de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |