07/02/2025 Obras de acondicionamento viario en Arrueiro

Obras de acondicionamento viario en Arrueiro

  • A actuación, incluída no Plan Único de Concellos POS+ 2024, conta cun orzamento de 31.846,60 euros

O alcalde de Laxe, Paco Charlín, e o tenente de alcalde, Eulogio Constantino, visitaron as obras de acondicionamento de vías no Lugar de Arrueiro para supervisar o seu estado e avaliar o avance dos traballos.

Esta actuación enmárcase dentro do Plan Único de Concellos POS+ 2024, promovido pola Deputación da Coruña, e conta cun investimento de 31.846,60 euros.

O proxecto ten como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias da zona, garantindo unha maior seguridade e comodidade para a veciñanza.

O alcalde destacou a importancia destas melloras para o municipio e puxo en valor o esforzo realizado para continuar avanzando en proxectos que favorezan a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Pola súa banda, o tenente de alcalde subliñou o compromiso do goberno local en seguir impulsando iniciativas que respondan ás necesidades da cidadanía.

Desde o Concello de Laxe informouse de que os traballos avanzan segundo o previsto e agradecese a colaboración da veciñanza durante a súa execución.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal