Gañadores do VI Certame de Dedicatorias de Amor "Dillo Ben Bonito"
O concurso, organizado polo Concello de Laxe, premiou as dedicatorias máis votadas cunha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas en establecementos locais.
O Concello de Laxe vén de anunciar os gañadores do VI Certame de Dedicatorias de Amor "Dillo Ben Bonito", unha iniciativa que busca fomentar a creatividade literaria e poñer en valor o sentimento amoroso a través da escrita.
O certame, que se celebrou con motivo do Día dos Namorados, contou cunha alta participación e as dedicatorias foron votadas polo público a través das canles oficiais do concello.
Despois do reconto final de votos emitidos en Facebook e a través do servizo de mensaxería NovasLaxe, estes foron os resultados do certame:
- 1º premio – "Brixit" (283 votos): unha noite de aloxamento con almorzo en Cabanas Narea
- 2º premio – "Nite de agosto" (104 votos): unha noite de aloxamento con almorzo en Hotel O Náutico
- 3º premio – "Sardiña da noite" (51 votos): unha noite de aloxamento con almorzo en Islow Coliving
- 4º premio – "Agarimo" (34 votos): unha noite de aloxamento con almorzo en Hotel Rústico A Torre de Laxe
- 5º premio – "Churicha" (10 votos): unha noite de aloxamento con almorzo en Casa Rural Arrueiro
A entrega dos premios terá lugar na semana do
21 de febreiro, nun acto especial no que as persoas gañadoras recibirán o seu diploma e o vale que lles permitirá desfrutar da súa estancia no establecemento asignado.
En caso de non poder asistir, deberán poñerse en contacto co Concello de Laxe para coordinar a recollida.Desde o Concello de Laxe agradécese a participación de todas as persoas que enviaron as súas dedicatorias, así como o apoio da cidadanía no proceso de votación.
O certame consolídase así como unha cita anual que combina literatura e sentimentos coa promoción turística do municipio.