17/03/2025 A Deputación da Coruña financia servizos municipais con 91.380,72 euros do POS+ 2024

A Deputación da Coruña financia servizos municipais con 91.380,72 euros do POS+ 2024

"A Deputación Provincial da Coruña concedeu a este concello unha subvención a través do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), POS+ 2024, dentro do Plan Adicional 2/2024 para financiar gasto corrente do exercicio 2024.

O obxectivo da subvención para gasto corrente concedida foi financiar parte dos servizos de subministración de auga potable e de alumeado publico do exercicio 2024, por un valor de 91.380,72 euros."

Portal cidadán de Laxe © by Abertal