18/03/2025 Laxe destina 6.700€ para actividades de envellecemento activo

Laxe destina 6.700€ para actividades de envellecemento activo

O concello de Laxe destina un total de 6.710 euros para un servizo de asistencia técnica e traballo de campo para a elaboración dun estudo de situación e diagnose da poboación en risco de exclusión por atoparse en situación de soidade non desexada.

Esta actuación está financiada a través do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2024 da Deputación da Coruña.

Con este programa concello de Laxe quere evitar o illamento das persoas maiores, favorecendo a súa socialización, potenciando a rehabilitación, a súa permanencia no seu entorno sociofamiliar e a súa participación en actividades formativas específicas para un envellecemento activo.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal