O Concello de Laxe levou a cabo a mellora de varios camiños rurais na parroquia de Serantes grazas a unha subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aprobou o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. A axuda, por un importe total de 58.046,68 euros, estivo cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, e permitiu executar o “Proxecto técnico de mellora de camiños rurais na parroquia de Serantes, Concello de Laxe”, que mellorou notablemente a accesibilidade ás parcelas agroganadeiras e o tránsito pola contorna rural. Dentro deste proxecto tamén se incluíu a contratación do servizo de redacción dun estudo integral da rede viaria municipal de Laxe, segundo o establecido no artigo 5.3 da resolución. Este estudo recolleu:
<< | < | Xuño de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |