24/04/2026 O Concello de Laxe impulsa a mellora das redes de saneamento e pluviais nas rúas Real e As Rías

O Concello de Laxe continúa avanzando na modernización das súas infraestruturas hidráulicas coa execución do proxecto de mellora das redes de saneamento e pluviais nas rúas Real e As Rías.
Esta actuación conta co apoio de Augas de Galicia, entidade dependente da Xunta de Galicia, e está financiada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través dos fondos europeos NextGenerationEU. O proxecto enmárcase no PERTE de dixitalización do ciclo da auga, concretamente no seu compoñente 5 e investimento nº 3.
A intervención supón un investimento subvencionado de 45.000 euros, que permitirá mellorar a eficiencia e o funcionamento das redes de saneamento e recollida de augas pluviais, contribuíndo así a unha xestión máis sostible da auga e á mellora da calidade de vida da veciñanza.
Desde o Concello de Laxe destácase a importancia deste tipo de actuacións, que permiten avanzar cara a unha rede máis moderna, segura e adaptada ás necesidades actuais, ao tempo que se reforza o compromiso coa sustentabilidade ambiental e a protección dos recursos hídricos.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal