O Concello informa da adquisición de dous escáneres destinados ao Departamento de Servizos Sociais, financiados con cargo ao Plan POS+ Adicional 1/2025 da Deputación da Coruña. Este investimento, por importe de 1.110,01 €, ten como obxectivo mellorar os medios técnicos municipais e axilizar a atención administrativa á veciñanza, especialmente nos trámites relacionados cos servizos sociais. A actuación foi realizada conforme ás bases do programa provincial de subvencións da Deputación da Coruña.